union europeainiciativa emprego xuvenil

Aprobación da concesión dunha bolsa para a realización de prácticas non laborais realizadas nesta entidade en base ao acordo asinado en data 30/06/2015 con unha traballadora titulada en Diplomatura Universitaria de Enfermería, subvencionada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria, mediante resolución de data 20/11/2015, puidendo estar cofinanciada polo Iniciativa de Emprego Xuvenil e o Fondo Social Europeo para o período 2014-2020, cunha porcentaxe de cofinanciación do 91,89%.

As funcións da traballadora consisten en asumir a responsabilidade integral do paciente as 24 horas do día dentro do ámbito hospitalario.  
Como funcións específicas do posto de traballo asinado e resultados acadados están:
- Cumplir a normativa hospitalaria.
- Responsabilizarse da atención dos pacientes ao seu cargo.
- Levar os libros de rexistro ao día e levar o control de material, medicación e suministros, comunicando á Dirección de Enfermería a necesidade de reposición.
- Educación sanitaria aos pacientes e familiares, fomentando o autocuidado, ensinando e educando na súa patoloxía e coidados.
- Cumplimentar ingresos, altas, traslados, dacordo coa normativa de Admisión e normas do Hospital.
- Colaborar co médico en exploracións en xeral. Acompañar ao médico na visita dos pacientes.

Recomendar
  • gplus
  • linkedin
  • pinterest
  • menéame